Os contos do Medio. “A historia da abella Meli” Moaña, 6 de maio

O Concello de Moaña desenvolve o Programa da Primavera durantes os meses de abril, maio e xuño, cuxos obxectivos son a dinamización lectora e lingüística.

Faia participará a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña co conto teatralizado “A historia da abella Meli” e un obradoiro de introdución ao fantástico, complexo e interesante mundo das abellas.

Tamén, prestaremos especial atención ao léxico dos animais invertebrados que bolen por esta historia.

Será o venres, 6 de maio, ás 18h, diante do Palco da Música, no centro da vila, para nenas e nenos, a partir dos 4 anos. A duración da actividade é 1h

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *