Obradoiros de hixiene e cosmética natural. Cremas hidratantes, ungüentos, cremas solares. Xabóns, colonias e perfumes” Chicoria Ultramarinos (O Porriño). 12 de maio e 2 de xuño

LUGAR
Chicoria Ultramarinos. Tenda de produtos sustentábeis (O Porriño)

PROGRAMA

SÁBADO, 12 DE MAIO. 10h-12,30h
“Elaboración de ungüentos, cremas hidratantes e cremas solares. Os protectores corporais”
-Os aceites esenciais e os aceites vexetais. A caléndula, o aloe vera e a lavanda. Usos e funcións nos preparados.
-As fases. Conservantes naturais. Antioxidantes. Emulsións e emulxentes.
-Darásevos un pequeno caderno coas receitas das distintas elaboracións.
-Para levardes mostras da crema hidratante, o ungüento e a crema solar, deberedes traer 3 botes pequenos.

SÁBADO, 2 DE XUÑO. 10h-12,30h
“A elaboración de colonias, perfumes e xabóns naturais”
-A destilación das plantas aromáticas, os aceites esenciais, os macerados vexetais, a saponificación na elaboración do xabón.
-Notas dos perfumes, tempos dos macerados, fases da destilación. Hidrolatos e augas florais.
-Para as mostras das colonias e perfumes Deberedes traer 3 botes pequenos. Para o xabón darásevos un pequeno recipiente reciclado.
-Darásevos un pequeno caderno coas receitas das distintas elaboracións.

Máis información, ao remate das fotografías.

Tarifas
Asistencia a 1 obradoiro, 19€/persoa
Asistencia a 2 obradoiros, 34€/persoa
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela en info@faia.gl, ligando para o 686998706 ou inscribíndote na tenda Chicoria Ultramarinos. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará