Obradoiros. “As plantas aromáticas na hixiene e na cosmética” O Porrriño, 4 e 11 de xuño
PROGRAMA
Sábado, 4 de xuño
16h-19h HIXIENE E COSMÉTICA (módulo I)
“Obradoiro de elaboracion de cremas hidratantes”
A crema hidratante de caléndula. As fases. Conservantes e emulxentes. As emulsións.
“Obradoiro de elaboración de ungüentos”
O ungüento de hipérico e caléndula. Os extractos oleosos. Os antioxidantes.
Sábado, 11 de xuño
11h-14h HIXIENE E COSMÉTICA (módulo II)
“Obradoiro de elaboración de hidrolatos/augas florais”
A auga floral de lavanda. As destilacións. Os aceites esenciais. Funcións.
“Obradoiro de perfumes e colonias”
As augas de colonia. Os perfumes líquidos e sólidos. Notas bases, medias, altas.
16h-19h RUTA DAS AROMÁTICAS
Paseo polo monte. Recoñecemento e usos culinarios, culturais e medicinais das plantas aromáticas. A madroa, o poexo, o tormentelo, o ourego, a abeloura, a néboda
Lugar.
Chicoria Ultramarinos. Tenda de produtos sustentábeis (O Porriño)
Tarifas
Asistencia a 1 módulo (2 obradoiros), 14€/persoa
Asistencia a 1 modulo (2 obradoiros+ paseo das aromáticas), 21€/persoa
Asistencia a todas as actividades (4 obradoiros + paseo das aromáticas), 29€/persoa
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou inscribíndote na tenda Chicoria Ultramarinos. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental
Nota. Todas as persoas levan unha mostra feita en cada obradoiro para as súas casas.
O local, Chicoria Ultramarinos…