Obradoiro “O pan ben feito…tamén na casa”. 14 e 21 de decembro, O Porriño.
Traballaremos con dous tipos de fermentos, fariñas biolóxicas e xeitos diferentes de facermos o pan. E, entrementres, unhas sorprendentes bolachas de romeu; acó están as herbas aromáticas…
Toca facermos o pan; termos este bo costume a cotío..
Anímaste a meter as mans na masa?
PROGRAMA
Sábado 14. 9,15h- 13h
-Elaboración de pan de sementes con masa nai.
-Os fermentos do pan. A elaboración de masa nai.
-Proba de diferentes pans feitos na casa.
Sábado 21. 9,15h-13h
-Elaboración de pan de allo con lévedo de cervexa (Saccharomyces cerevisiae)
-As herbas aromáticas. Usos. Elaboración de bolachas de romeu.
-Proba dos pans feitos na casa polas participantes.
-Tipos de fariñas e usos.
Nota.
-As persoas anotadas elaborarán cadanseu pan e deixarano preparado para o enfornaren deseguido nas súas casas.
-Na elaboración de cada pan haberá 2 fermentacións.
Indicacións
-A tarifa é 23€ por persoa. O pagamento farase o día 14, no comezo do obradoiro.
-Localización. Local do Porriño.
-Punto de encontro. Ás 9h na Praza do Concello.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.