Obradoiro “Facendo queixo fresco o sábado na casa”. 15 de febreiro, O Porriño.
Elaborarmos o queixo fresco na casa é un pracer. E degustalo, outro.
Só, con noces e mel, con froita, con aceite de oliva, tomate e olivas negras; con tomiño, ourego ou alfábega. Ahhh!
No obradoiro…
–Elaboración de queixo fresco.
–O leite cru e as súas variedades, a caseína, o soro, o callo, o cloruro cálcico.
–Degustación de queixo fresco.
Nota. As persoas rematarán a elaboración de cadanseu queixo fresco.
Anímaste?
Indicacións
-Tarifa, 12€. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-Data. 15 de febreiro.
-Localización. Local no Porriño.
-Duración. 2 ½h.
-Pechado o grupo de 9,30h-12h.
-Novo grupo de 16h-18,30h.
-Punto de encontro. Praza do Concello, ás 9,15h o primeiro grupo; ás 15,45h o segundo grupo.
-Inscrición. Podes formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes ligar para o 686998706.
Para a elaboración do queixo fresco, debes traer..
-1 litro de leite fresco (pasteurizado), un prato sopeiro e unha culler.