Obradoiro de queixo fresco. O Porriño, 20 de abril.

Nas nosas casas tamén podemos elaborar queixo fresco. Logo, engadimos o tomate, olivas negras e un pouco de aceite…; tamén casan as noces, a froita. E se tivermos un bo marmelo? A sobremesa está presta!



Se o aromatizarmos con ourego, tomiño ou alfábega?

Conseguirmos elaborar o queixo fresco é un pracer. Sobre todo, se gostarmos de gobernar a nosa alimentación.

No obradoiro, trataremos, asemade, a pasteurización, o callo, o soro, o salgado, as herbas aromáticas. E levaremos para casa a pequena mostra do queixo feito por cada unha de nós.

Mais resta o soro. Que facermos? As posibilidades que oferece o soro do leite son variadas. Bolachas, pan, biscoitos; nós, no obradoiro, elaboraremos xabón de soro de leite. Daquela, vén preparada.

Indicacións
-Data. 20 de abril.
-Destinatarias. Público adulto.
-Localización. O Porriño.
-Duración.  2 ½ h, aproximadamente.
-Hora de comezo. 9,30h
-Hora de remate. 12h.
-Punto de encontro. 9,15h na Praza do Concello.
-Tarifa, 15€. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-Inscrición. Data límite, 19 de abril.

Para a elaboración do queixo fresco, debes traer..
-1 litro de leite fresco (pasteurizado) e un prato fondo.

Para a elaboración do xabón de soro de leite..
-Un cunco de 30-40 cm de diámetro, un pau de cociña de madeira, ½ litro de aceite de xirasol, luvas e un madil. O cunco non deberá ser de aluminio.
-Se algunha quixer traer moldes para o xabón, non serán de aluminio.

-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes ligar para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *