“A Chapata mediterránea e o Pan de cervexa negra”. Obradoiro de pans aromáticos, O Porriño, 9 e 16 de maio

PROGRAMA

Sábado, 9 de maio. 16h-20h
ELABORACIÓN DE PAN DE CERVEXA NEGRA
Pan de textura agreste, miga esponxosa, sabor doce e cor torrada, lévase moi ben con queixos.

Ingredientes, peneirado de fariñas, pesado dos ingredientes, diversos amasados, fermentacións.
E entre fermentación e fermentación..
-Os cereais
-Tipos de fariñas
-Os lévedos
-Diversas preparacións da masa nai e a súa conservación
-O corte do pan, a cocción.

Sábado 16 de maio. 16h-20h
ELABORACIÓN DA CHAPATA MEDITERRÁNEA
Sabor intenso, textura crocante, complemento de verduras, ensaladas e queixos, mais pódese saborear só.

Ingredientes, peneirado de fariñas, pesado dos ingredientes, diversos amasados, fermentacións.
E entre fermentacións..
-Degustación do pan de cervexa negra elaborado polas participantes
-Solucións aos erros máis comúns na elaboración do pan.



Indicacións

Tarifa. 21€ por persoa. O pagamento farase no comezo do obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización das dúas sesións, as fariñas biolóxicas, os fermentos, o dosier do obradoiro e o seguro de responsabilidade civil.
Localización. Local do Porriño.
Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
Para o pan de cervexa, 33cl (o equivalente a unha lata ou botella) de cervexa negra.
Para a chapata mediterránea, olivas negras.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *