Obradoiro de pan biolóxico. A muiñada, o pan de comiño, a rosca, a ruta dos muíños.

Velaquí tedes o programa.

Sábado, 15 de decembro
9h-13h. Elaboración do Pan de comiño.
Con fariñas biolóxicas de centeo e trigo e masa nai elaboraremos cada unha de nós este delicioso pan aromático. Sabor e olor e un certo matiz picante, moi suave; a casa fica impreganada do seu arrecendo.  Moi vicioso. E cada persoa deixará o pan preparado para a súa cocción.



Sábado, 22 de decembro
9h-13h. Elaboración de pan e rosca con fariña triga.
Este sábado poremos en práctica o aprendido anteriormente. Así, faremos outra bola triga e centea mais, entre fermentacións, cadaquén elaborará unha rosca que ao igual que os pans levaremos para casa.

15h-18h. Ruta dos muíños e muiñada.
En Atios, parroquia do Porriño, no lugar da Torre, nun dos muíños do Castro, haberá unha muiñada. Mais antes do seu comezo faremos unha pequena ruta de 2,5 quilómetros a través da canle que encamiña a auga desde a presa até o conxunto dos 7 Muíños do Castro e os eidos.

Logo, Albino, o muiñeiro, fará a moenda dos grans de cereal que Faia lle achegue. E cadaquén levará unha parte da fariña moída. Será interesante ollar o proceso da moenda no muíño. É unha boa oportunidade para repararmos en que debemos pular polo noso patrimonio mais non só para o conservarmos senón para o facermos útil.

Chega o Nadal e facermos un bo pan ou unha boa rosca nas xuntanzas destas datas é un agasallo para todas que se valora. E, como non, podemos deixarlle unha rosquiña ao Apalpadore o 31 de decembro como mostra do noso agradecemento malia o noso esquecemento..

Anímaste?

Indicacións
-Límite de prazas, 13 persoas.
-A tarifa é 34€ por persoa. O pagamento farase o día 15, no comezo do obradoiro.
-Horarios. Sábado, 15 de decembro desde as 9h até as 13h e desde as 15h até as 18h. Sábado, 22 de decembro desde as 9h até as 13h.
-Localización. Local do Porriño.
-Punto de encontro. Ás 8,45h no Parque do Cristo.
-Os recursos materiais corren a cargo de Faia Educación Ambiental.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706. Tamén podes facela a través deste formulario ou remitir un correo electrónico a info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *