“Obradoiro de iniciación á repostaría vegana”. O Porriño, 8 de novembro
A cor, a utilización de produtos de temporada e, xa que logo, de proximidade, a procura e coñecemento dos ingredientes vexetais e das súas combinacións, e, desde logo, o sabor, fan dos doces e sobremesas veganas unha repostaría saudábel, apetitosa, sustentábel e alternativa.
E así, o leite de avea, a cabaza, froitas e pequechos froitos arbóreos, especias, e froitos secos ou os cereais permitirán a elaboración duns doces e sobremesas deliciosas que iremos degustando ao longo da tarde..
PROGRAMA
“Elaboración de brownie de couscous e alfarroba á laranxa”
“Elaboración de pan doce de cabaza con especias”
“Elaboración de xeado de millo miúdo con mollo de chocolate”
“Elaboración de madalenas con froita de temporada”
“Elaboración de crema de cacao con abelás e panela”
“Elaboración de compota de cabaza asada con especias”
“Infusión”
Anímaste?
Velaquí, algunhas receitas da dozaría vegana..
Anímaste?
Indicacións
-Data. Sábado, 8 de novembro.
-Hora. Desde as 16h até as 20h
-A tarifa é 18€ por persoa. A tarifa inclúe a degustación das sobremesas, o dosier coas receitas elaboradas, os recursos alimenticios e o seguro de responsabilidade civil. Poderán traer ao obradoiro caderno e bolígrafo para anotacións. O pagamento farase o día 8 de novembro, ao comezo do obradoiro.
-Localización. Local do Porriño.
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.