Obradoiro de pan biolóxico. Iniciación.
O obradoiro se realizará os sábados 18 e 25 de xuño e o seu horario, desde as 9h até as 13h.
Utilizando fariñas biolóxicas de trigo integral e centeo e unha fermetación natural coa levadura nai, imprescindíbel na elaboración do pan de calidade, realizaremos entre todas o proceso preciso para conquerirmos un pan rico e saudábel.
Este pan estará libre dos aditivos que fomentan melloraren a textura, o seu olor e sabor, de acordo coa preocupación pola apariencia que inza na nosa sociedade. Non os precisa.
Conversaremos sobre o pan industrial e o biolóxico, os aditivos, as propiedades do pan, as fariñas ou as chaves para facermos un bo pan.
E cada sábado, a través de dúas receitas, as participantes deixarán preparado o pan para a súa cocción. A primeira, con fariña triga e a segunda con fariña triga e centeo.
Agardamos que gostes. Anímaste?
Indicacións:
-Limite de prazas, 10 persoas.
-Cómpre inscribirse antes do 17 de xuño.
-A tarifa é de 27€ por persoa.
-As persoas anotadas deberán traer un cunco de cristal de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
-O obradoiro realizarase no Porriño.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706, a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou do correo electrónico info@faia.gl e deixa un teléfono de contacto.