“Obradoiro de cociña vegana. Pratos con hamburguesas de legumes” O Porriño, 24 de outubro

Os pratos de hamburguesas veganas como toda a súa cociña colorista e saborosa espertan curiosidade, ganas de facer e…comer.

A textura dos legumes….a cor, sabor, arrecendo das verduras… cos flocos de avea húmidos…xuntamos…engadimos un pouco máis de cremosidade á mestura…hummm!

“Pesto de abelá”, “humus de cabaza ao romeu” ou “hamburguesas de feixóns con avea” serán algúns dos pratos que Andrea, boa monitora-cociñeira-divulgadora, preparará neste obradoiro.

Novas aplicaciónns para os legumes, con aromas singulares, especiais, en receitas sinxelas e elaboradas, para obtermos un alimento ben traballado e saudábel que degustaremos ao longo da tarde.

Anímaste?
Máis información ao remate das fotografías.

PROGRAMA
(RECEITAS A ELABORAR NO OBRADOIRO)

Hamburguesas de garavanzos ao pesto
Humus de cabaza ao romeu
Hamburguesas de feixóns e avea
Repolo asado
Hamburguesas de lentellas e froitos secos
Ensalada de pataca
Pesto de abelá

Sobremesa de cabaza
Infusión dixestiva

DEGUSTACIÓN




Indicacións
Data. Sábado, 24 de outubro.
Hora. Desde as 16h até as 20h.
-A tarifa é 22€ por persoa. A tarifa inclúe os recursos alimentarios, a degustación dos pratos elaborados, o dosier coas receitas, a monitorización e o seguro de responsabilidade civil. Poderán traer ao obradoiro caderno e bolígrafo para anotacións. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
Localización. Local no Porriño.
Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición cubrindo os datos deste formulario e deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706. A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *