O Xurés. Imaxes dunha linda visita
A cópula da grande libeliña “Tizón de Bolton” ( Cordulegaster boltonii). A singular uz Erica tetralix no cumio enchoupado, acedo. O canón encaixado do Mao; ambientes nemorosos, pozas; liques, fentos, brións.
O trovisco en flor; é unha daphne..A folla do cerquiño, aveludada e marcescente. O megalitismo no neolítico e no calcolítico. O cabalo bravo, o poldro e o lobo. Os raros erbededos coa uz branca e a xilbarbeira; metíanse os castiñeiros. As augas nas fontes. Recoñecemos as violas sen flor.
Acolá, ao lonxe, o voitre leonado. Tamén aparece a singular andoriña dos penedos. Décimo Xunio Bruto pasou o Lethes e cantas razóns intereseiras para non o atravesaren!… Santa Comba está tremendamente fermosa. O noso pasado suevo..
E Iris, como se deixa querer!
Tal coma algunha dixo…”compañeirismo, medio, momentos doces e aprendizaxe”