O obradoiro do pan biolóxico. Imaxes.
Rematou esta fin de semana o “Obradoiro de pan biolóxico. Iniciación” que Faia Educación Ambiental desenvolveu no Porriño. Foron dúas xeiras interesantes e achamos que as participantes que se achegaban por primeira vez ao proceso de elaboración do pan, ou aquelas que tiñan certo percorrido andado, gostaron da súa participación.
O peneirado das fariñas, a distinción destas, os pasos da preparación do lévedo nai e a participación directa de cada persoa no proceso de elaboración do seu propio pan, ocuparon as horas do obradoiro.
Mais, entre amasados, houbo momentos para degustarmos algún pan feito con trigo biolóxico, avea ou espelta. Tamén algunha rosca. Amosábanse, deste xeito, as posibilidades que oferece o control sobre a nosa propia alimentación.
A avaliación feita polas participantes e por Faia amosan que o cursiño foi aproveitado por parte das dúas.
Agardamos facer, proximamente, outro obradoiro. Gostaríache participar?.
No flickr, a icona do ángulo superior esquerda da web de Faia, aparecerán, en breve, máis imaxes deste obradoiro.
Até máis ver!