Faia Educación Ambiental

“O Esteiro do Miño. Mosaico de ecosistemas”. Caminha, 25 de xaneiro

O Miño, logo de 350km de percorrido e unha ringleira sen descanso de ecosistemas (canóns, fragas, humidais, bosques de ribeira,..) chega ao océano atlántico, entre Caminha e A Guarda, e amósanos, pola influencia das mareas, outro espazo natural exclusivo que condiciona a vida destas vilas e a aparición dunha fauna e flora propias, atractivas e relevantes.

É o Esteiro do Miño.

No inverno, resulta doado ollar as aves zancudas, limícolas, anátidas, costeiras (gabitas, pilros, mazaricos, píllaras, garzotas, corvos mariños, carráns, virapedras, avefrías), nos sapais ou marismas, xunqueiras e bancos intermareais. E así, realizaremos 2 observacións básicas co fin de distinguirmos e coñecermos algunhas destas especies.

Algunhas aparecen próximas a sistemas dunares tan fermosos como o que alberga a linda e brava Praia de Camarido, que ademais das aves acubilla unha flora ben desenvolvida entre a que destacamos a camariña, planta endémica do litoral atlántico catalogada en perigo crítico de extición (UMCN).

E durante o percorrido, retallos da historia portuguesa e galega desde a Idade Media a través do Pinhal de Camarido, os azulexos da Estación do Caminho de Ferro, Don Dinis de Portugal e a Fortaleza da Ínsua.

En fin.. anímaste?

Indicacións
-Localización. Caminha (Portugal)
-Data. 25 de xaneiro.
-Lonxitude do percorrido. 10 quilómetros.
-Dificultade. Baixa.
-Punto de encontro. 10h, Valença de Minho, na antiga alfándega, logo de cruzarmos a ponte histórica entre Galiza e Portugal.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 16h, aproximadamente.
-Tarifa. 7€ (Inclúe a monitorización da ruta e o seguro de responsabilidade civil).
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 3€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -unha menor- unha tarifará 3€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas -dúas menores- as dúas menores tarifarán 3€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, dúas tarifarán 3€.
-Xantar. Cadaquén levará a súa comida.
-Faia levará material para as observacións de aves mais cómpre que quen tiver prismáticos na casa os leve.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-Cómpre inscribirse antes do 24 de xaneiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *