O Esteiro do Miño. Imaxes. 29 de xaneiro. 1ª quenda.

Salcidos. Baixa a maré. Frío, frío abondoso. A roupa de abrigo, amorosa; a comida nos bolsos e os prismáticos ao lombo. Ganas de comezar.



As avefrías, os pilros e a garza cinsenta moi perto de nós.
Logo, cara a Caminha no Ferri.

Xa en Caminha, os virapedras, os pilros, os mazaricos, as gabitas e os biluricos non paraban de escaravellar no chan. Tamén as gaivotas chorona e patiamarela, garzotas, garzas, corvos mariños reais e algún carrán se deixaron ver.

Deseguido, o piñeiral de Camarido, promovido por Don Dinis de Portugal no 1284, quen lle deu gran pulo ao sector agrario e foi autor de moitas cantigas de amor, amigo e escarnio da nosa lírica común. E, a xantar!

A Fortaleza da Insua, o sistema dunar.

A volta a casa. Un grupo xeitoso. Até máis ver!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará