O Esteiro do Miño. A Rede Natura galego-portuguesa.

A influencia das mareas crea, no treito final do Miño, unha variedade de ecosistemas que non pasan desapercibidos para ningunha persoa.


As marismas ou sapais, os bosques de ribeira, os bancos de area intermareais ou os sistemas dunares fomentan a aparición de flora e fauna diversas e inflúen nos modos de vida dos concellos ribeiregos.



Entre a beira portuguesa, Caminha e, a galega, Salcidos (A Guarda), se localiza o noso percorrido.
Por isto, atravesaremos o Miño no Ferri.

Procuraremos enxergar a diversidade do espazo. Así, a historia, a sociedade, a toponimia. Os sistemas dunares e a súa flora, as marismas; as aves limícolas.

Agardamos que o grupo goce deste fermoso espazo. Até xa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *