O Esteiro do Miño. A Rede Natura galego-portuguesa. 12 de febreiro, 2ª quenda.

A influencia das mareas crea, no treito final do Miño, unha variedade de ecosistemas que non pasan desapercibidos para ningunha persoa.


As marismas ou sapais, os bosques de ribeira, os bancos de area intermareais ou os sistemas dunares fomentan a aparición de flora e fauna diversas e inflúen nos modos de vida dos concellos ribeiregos.



Entre a beira portuguesa, Caminha e, a galega, Salcidos (A Guarda), se localiza o noso percorrido.
Por isto, atravesaremos o Miño no Ferri.

Será o 29 de xaneiro. É un itinerario de 11,5 quilómetros, apto para calquera idade, doado de facer, cuxa saída será ás 10h e o remate ás 17,45h, aproximadamente. Non esquezas levar o teu xantar.

Procuraremos enxergar a diversidade do espazo. Así, a historia, a sociedade, a toponimia. Os sistemas dunares e a súa flora, as marismas; as aves limícolas.

En fin, un percorrido interesante.
E lembra que é o 12 de febreiro. Anímaste?

Máis indicacións:

-Cómpre inscribirse antes do 11 de febreiro.
-A tarifa é  8€ por persoa.
-O custo do ferri é sufragado por cadaquén. Persoa maior de 14 anos, 0,80 céntimos; persoa menor de 14 anos, 0,40 céntimos.
-A unidade de convivencia de 3 ou máis persoas tarifará unha persoa menos.
-Será de balde para as menores de 10 anos, acompañadas de nai, pai ou titora legal.
-Se tiveres prismáticos, lévaos contigo.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706. Tamén podes facela a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou remitir un correo electrónico a info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.
-A monitorización está limitada a 25 persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *