O Courel, inverno de 2017

Paseando entre aciñeiras en encostas, a ruda montana, o ourego e a chaveira abeiraban o camiño calcario sobre o que pousaba a peculiar douradiña. Logo, as reboleiras nos dirixían cara ao alto, alí onde o noso Medulio. Baixabamos co mato das uces, e logo os soutos…e a seguir, que hai que gozar do pouco bo que resta no noso territorio. E así foi que chegaron os bosques preñados de abelairas, arandeiras, luzulas, carballeiras albares, acebedos, faias, capudres, bidueiros; e alí, no cumio, o xeo..

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *