“No Nadal…un conto” Concello de Vigo. Desde o 18 ao 28 de decembro.

“No Nadal…un conto” é un programa dirixido e xestionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo que inclúe diversas actividades nas que, coma acontece habitualmente, o pracer de gozar e de aprender van da man. Dirixido ao público infantil acompañado das unidades de convivencia.
Faia participa desta interesante programación xunto doutras empresas e compañías. Tedes cumprida información na web do Concello de Vigo-Servizo de Normalización Lingüística.

As datas e lugares nos que participa Faia transcríbense deseguido.
19 de decembro, Detrás do Marco.
21 de decembro, no Centro Cultural Nautilius de Comesaña
22 de decembro, na Ludoteca de Coia.
23 de decembro, na Praza da Pedra
27 de decembro, Cafetaría Catro a Catro
28 de decembro, fronte ao Mercado do Calvario.

Até xa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará