Mes da Ciencia en Galego, 2014. Vigo
O V Día da Ciencia en Galego persegue valorizar a ciencia galega e dinamizar a lingua galega na ciencia.
Este ano, dedicado á fisica, quere lembrar a recoñecidas persoas coma Newton e dar a coñecer ao físico e matemático galego Xosé Rodríguez.
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, co obxectivo de normalizar, estandarizar a lingua galega nos contidos de ciencia, pon en marcha un programa amplo no mes de novembro que presta atención aos cambios físicos e químicos, á creatividade do alumnado, ao léxico e á conversa en galego.
E así, serán tratadas as emulsións, as augas florais, os hidrolatos, a saponificación, as destilacións, os sacos de arrecendo, a elaboración de papel, as cremas hidratantes, a pasta de sal, os aceites esenciais, a elaboración de plastilina e sales de baño, as cremas dentífricas, os ungüentos e pomadas.
Faia participará levando actividades aos centros de ensino de Vigo, dirixidas á Educación infantil, Educación primaria, ESO e Bacharelato, nun novo esforzo do Servizo de Normalización para colaborar na promoción e espallamento do uso da lingua galega alí onde o precisar.

Até máis ver!