Inverno no Parque Natural A Enciña da Lastra “Entre o bosque mediterráneo e os farallóns calcarios do Sil” 25 e 26 de xaneiro, Ourense

Un lugar de excepción.
Nas beiras do Sil, no oriente do Parque Natural, en suave ascensión a paisaxe vexetal varía. A envolvente é fermosa.
Choupos negros, freixos e salgueiros. A oliveiriña brava e a cardencha que nos dirixen ao denso bosque mesomediterráneo.
Alí, fermosos aciñeirais en encostas, tapizados de briófitas, salferidos de érbedos acó e acolá, exemplares do arce de Montpellier...a beleza suspende o tempo..
No alto, onde impactan os farallóns calcarios e dolomías, rarean as especies e aparecen as belas espiñentas. Abruñeiros, roseiras bravas, escornacabras, estripeiros... e, minguando o tamaño, arzaias, carpazas, tomiños,…o mato mediterráneo…

VELAQUÍ, O PROGRAMA E ALOXAMENTO E RESERVA

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

INSCRICIÓN A inscrición neste formulario será contestada por Faia nun prazo máximo de 12h.

Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *