Inverno no Courel. Imaxes
Alí, na plenitude do Courel, sempre hai algo novo que sorprende.
Ese lique tan fermoso, a cladonia. A herba chaveira en flor verde. A laureola dos solos calcarios.
Na parte mediterránea, a impactante marcescencia castaña das follas dos rebolos bate co verde lustroso dos érbedos e dos verdesazulados, amarelos e húmidos liques usnea, evernia e parmelia.
Un luxo.
Un cadro.
O amor ao medio.
Hai vales e vales. Mais só un Val das Mouras. Velaquí, o abraio ante tanta beleza. Un sistema kárstico superficial, unha formación escasa, un lugar que nos fai perder a conciencia momentaneamente e nos traslada a un tempo descoñecido. Ao noso maxín, fantasía e pensamento cústalles reter tanta beleza.
Mais isto….só no Courel.