Imaxes dos “Paseíños para peques. Coas chuvias da primavera…volven os anfibios!”

Aínda aterecidos na fría mañá, os fermosos e delicados anfibios demoraron as súas saídas, os seus movementos, cheos de preguiza.

Fermosos, pois verdes diversos, laranxas intensos, vermellos, negros, pardos, amarelos…enchen a mañá de cores.

Delicados pois a súa pel fina e porosa para a respiración cutánea absorbe a excesiva radiación solar, a acidez ambiental pola queima de combustíbeis fósiles, o cambio acelerado do clima. As especies introducidas, a destrución dos seus ecosistemas.

Aínda así, apareceron as femias dos grandes marmorados, ras dos regos de cores diversas, ras verdes europeas, cágados de limpafontes común cos filamentos branquiais… sempre abraian…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *