Imaxes dos Contos do Medio nos Centros de Ensino de Vigo. Maio e xuño, 2015
Unha experiencia formidábel.
“A viaxe de Charneco”, a nosa linda cerceta, e “A historia da Abella Meli”, a abella respondona, contos protagonizados por Montse, Flavia, Diana e Marcelo, o equipo de Faia, conseguiron os obxectivos de coñecemento do medio, da lingua e do lecer que nos propuxemos.
Os parabéns á Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo por estes programas.
Até xa!