Imaxes do “Outono nos Ancares”
Os Ancares, impactantes, olorosos, vigorosos, robustos, fermosos. O Cuíña, agardaba bretemoso, mais tamén escarpado, fragoso. Aló, no alto, un maior esforzo e sensacións diferentes.
Os seus fermosos bosques son delicados prodixios no mundo degradado no que vivimos. Aprendermos que son. Redescubrirmos, coñecermos. Só así volveremos estimar o territorio. A nosa grande débeda.
Acivedos, bidueirais, carballeiras albares. E non hai palabras…
Doiras e o baixomedievo, a vía XIX romana e a estrutura territorial da Gallaecia, o eterno teixo e a admiración milenaria dos pobos, cabanas do teito, a aridez do aciveiro, escasísimo ecosistema prioritario,…