Imaxes do Mes da Ciencia en Galego nos Centros de Ensino de Vigo
Rematou o programa do Mes da Ciencia en Galego, xestionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e levado a IES, Ciclos de FP, ESO, Educación Primaria e Educación Infantil de Centros de Ensino de Vigo.
O fomento da aprendizaxe e fixación da lingua galega nos métodos e cambios físicos e químicos, e a tentativa de complementar os contidos escolares do coñecemento do medio, converten este programa nun piar significativo na dinamización do galego.
Faia Educación Ambiental participou con obradoiros de díversa índole, adaptados aos niveis educativos. Así, a elaboración de hidrolatos, colonias e perfumes ou a elaboración de cremas hidratantes e ungüentos foron destinados a Bacharelato, ESO e Ciclos de FP. A elaboración de sales de baño, pasta de dentes, papel reciclado ou plastilina, cara a Infantil e Primaria. Mais non esquecimos As nosas costas, As plantas aromáticas que o imbuían todo…
Parabéns, novamente, ao Servizo de Normalización Lingüística pola promoción da lingua e o coñecemento do medio.