Imaxes do Mes da Ciencia en Galego, 2014. Vigo
Sabedes o que presta a experiencia de tomar contacto co alumnado e profesorado de 49 Centros de Ensino de Vigo (IES, CEIPs, CEPs, CPRs), levarlles 10 obradoiros diferentes (elaboración de cremas hidratantes, elaboración de xabón, elaboración de papel reciclado, elaboración de hidrolatos e aceites esenciais, elaboración de sales de baño, de plastilina, de ungüentos,…), a Educación Infantil, Educación primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos de FP?
Foi a Ciencia en Galego, un esforzo dinamizador xestionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e levado a cabo por Faia.
Soamente cando estamos inmersas, percibimos o alcance do programa do Mes da Ciencia en Galego. Léxico abondoso, prácticas de contidos dos distintos niveis, educación social, igualdade, creatividade, cohesión lingüística, …
En fin, Faia ficou encantada…; velaquí as imaxes.
Até máis ver!