Imaxes do “Curso de Iniciación á cestaría. A médula e o vimbio”
As pólas purpúreas do sanguiño combinadas co amarelo intenso do vimbio. Os salgueiros de diversas especies (atrocinerea, purpurea), a abelaira e mesmo o loureiro, foron os materiais que ían tecendo, devagar, as estupendas persoas que participaron no curso de cestaría. Tecidos simples, pares e tamén triples, conxugados, engalanaban os cestos; os dedos movíanse harmónicamente e o ánimo, tamén.
Paciencia, vagar,… Os resultados víanse co paso dos días e, daquela, a gratificación dun traballo ben feito reflectíuse nas caras das persoas. Víase a iniciativa. Silencios, concentración, comentarios, risos e a confirmación de que podemos crear e facer máis do que pensamos.
Até outra!