Imaxes de “Mondariz Balneario. As fontes no Patrimonio histórico-artístico”

Clío, musa da historia e da poesía épica, filla de Zeus e de Nemosine, deusa da memoria, casada con Píero, rei de Macedonia, tivo un fillo, o fermoso Xacinto, de quen o todopoderoso Apolo estaba namorado. E era correspondido.
Un día, non que xogaban ao lanzamento de disco, Apolo, deus da música, da poesía, das artes plásticas, da beleza, do lume do sol, quixo impresionar a Xacinto; e así, lanzou o disco con tal forza que Xacinto non o puido agarrar….; bateu na súa cabeza. Apolo, horrorizado, correu onda el e mentres o collía nos brazos, Xacinto morría.
O sangue que emanaba da súa testa caía na herba fresca e, paseniño, agromou unha flor purpúrea, bela..
Será chamada Xacinto e simbolizará a beleza que decae coa calor do sol”



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *