Imaxes de Faia na III Mostra das tradicións mariñeiras da Guarda.

Esta fin de semana rematou a III Mostra das tradicións mariñeiras da Guarda. A afluencia de público foi notábel e contribuíu a que o traballo desenvolvido pola organización do evento cumprise, probabelmente, algúns dos seus obxectivos.

Neste espazo, as exposicións ou os obradoiros cativaron as olladas das persoas. E Faia tivo un seu recuncho moi participado. As persoas que se achegaron ao obradoiro de encadernación sustentábel fixérono con ganas de aprender e isto facilitou o noso traballo.

Faia Educación Ambiental fica obrigada por esta fin de semana de aprendizaxe por parte de todas.

Até máis ver!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará