Imaxes das “Xornadas de Redución, Reutilización e Reciclaxe” Concello de Cuntis, 22, 23, 24 de agosto
A insistencia en prácticas beneficiosas para os grupos humanos, é necesaria. Non se avanza célere e isto en si propio é un retroceso cando a degradación pola acción humana corre tanto…
Entendermos que nas casas non reciclamos, senón separamos. Que é obrigado facelo se queremos estar minimamente comprometidas. E alén das cores dos contedores, a separación amplíase aos residuos eléctricos e electrónicos, CDs, plásticos diversos, medicamentos, baterías, rodas,…toda unha morea de refugallos desta sociedade; quizais sexa a súa imaxe. O residuo.
Os rapaces e as rapazas, plenamente curiosas e participativas. Charlas sobre a separación correcta dos residuos e a súa ampliación. Os problemas dos acuíferos, a falta de recarga e contaminación, a depuración das augas.
A elaboración do papel reciclado, a creación dun composteiro caseiro e o proceso da terra fértil, a elaboración de xabón, de plastilina; os obradoiros da reciclaxe dos cartóns de leite e envolturas do café ou os xoguetes do lixo foron participados por nenas e nenos de diferentes idades e procuraron incidir neses conceptos que debemos ter presentes en todo momento; empezando, xa, pola redución…