Imaxes da Visita ao Parque Nacional Peneda-Gerês

Comezabamos o sábado a andaina perto do val e da mata do Ramiscal, Reserva Integral do parque.
O tormentelo na rocha granítica, as grandes libeliñas e os cabaliños do demo, a imaxe impactante do val apertado do Ramiscal, a branda pastoril de Lordelo, os xatos cachenos de Martinho, o outeiro do niño da aguia; os socalcos con millo, gramíneas e medas, a súa disposición harmónica no territorio e o traballo que leva manteren os sistemas agropecuarios na serra.




Logo, o baño e o xantar  no río Vez..

Tras esta parada reparadora, cara á Pousadinha da Juventude e, logo, ao Soajo; alí, Manuela, encantadora, debullou, por riba, o  contexto social e económico da vila.

Descanso en Arcos de Valdevez. E a cea no Restaurante A Floresta..; a cea..

Comezou coma outras e estaba ben boa..; xunto de nós, outro grupo; alí, as traballadoras dun Jardim da infância de Arcos, tamén contentes..

mais entre os cantos dunha mesa e os retruques da outra, rematou a cea e chegou o baile común..

Ao outro día…

Comezamos devagariño; co megalitismo do Mézio, principiamos a xornada; antas, mámoas…. funcións, situación, contexto; e desde alí a Pertinho do céu; o nome impuña respecto; mais abofé que levamos ben a andaina. En Gavieira, as fermosas brandas agropecuarias, o bosquete de cerquiños ou rebolos, o macizo da Serra da Peneda e a súa formación.

E aparecen varias parellas de voitre leonado; a sorpresa agradábel enriquecía o día.

Logo, a visita ao Castelo de Lindoso. Cómpre que lembremos ou coñezamos a historia dos pobos peninsulares na Idade Media. Orixes, alianzas e afastamentos ou sometementos no percurso deste tempo..

E coa ollada posta nos espigueiros do Lindoso e o grupo na eira comunitaria onde o mallo batía no cereal, remataba o programa, esmorecía a tarde; voltabamos a casa..

Fica a lembranza destes días..

Até máis ver!

3 thoughts on “Imaxes da Visita ao Parque Nacional Peneda-Gerês

  1. A esto se le llama senderismo de altura,dificil de superar,aventura,sorpresas,risoterapia etccc. Gracias por tanta generodidad.

  2. Estivo xenial.A natureza sempre nos sorprende coa sua grandeza.Está claro que aos humanos non nos queda outra que ser humildes ante a grandeza da nai terra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *