Imaxes da Visita a Peneda-Gerês. A Serra Amarela, O Gerês, O Soajo.

E paseniño, na Serra Amarela as carballeiras galaico-portuguesas termófilas recíbennos coa fermosa inxerencia da sobreira portuguesa. Antes, as aromáticas e medicinais herba cidreira, abeloura, politaina; logo, no alto, o tormentelo.
Transcorríamos pola impactante falla do Gerês e, velaquí, a aparición do acereiro, arbusto escaso e relito, acompañado dunha diversidade vexetal que abrumaba; bosquetes de érbedos con carballos, acivros, pradairos, sanguiños, rebolos, salgueiros negros. E acó e acolá, salferido, o Hypericum androsaemum, no seu mellor momento. Flor e froito de cores. A flora dos queirogais secos europeos; carpazas brancas e amarelas, toxos, ericas, carqueixas. O fermoso odonato “candil curvado”.
Vilarinho das Furnas e a súa vida, o requintado Soajo, a Vía Nova e a memoria.


Fotografias de Marga Taracido, Andrés Pereira, Marcelo Rodríguez, Xose Manuel Iglesias, Urbano Fernández.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *