Imaxes da Varanda do Coura.

É tempo da flora. Humidade, luz, cores.

O percorrido amosounos o seu interese paisaxístico e botánico. Entrementres, historias de xestas, codesos, uces e cocas; estripeiros e pereiras bravas.

A foresta de carballo atlántico impregnou os noso alento e deu paso aos retallos de bidueiros e camiños nos lugares das freguesías.

E apareceros os pasteiros. Alí e nas matogueiras, a raza bovina barrosa, os años.

Choveu mais houbo treguas; e rematamos este fermoso percorrido.

Até xa!

1 thought on “Imaxes da Varanda do Coura.

  1. Esta vez non puido ser…que envexa me dan as imaxes.
    Seguro que repetides, e para a próxima apuntareime!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará