Imaxes da colleita das herbas do solsticio. O San Xoán. Budiño (O Porriño)

As plantas do solsticio do verán e as súas propiedades e aromas.

Este ano, era o momento de 7 plantas para as descubrirmos, coñecermos. Algunhas son notábeis e outras, malia ser comúns, falta que as valoricemos; aí está o fiúncho.

O tormentelo, o poexo (mentha pulegium), a abeloura, o fiúncho, a falsa árnica, a camomila brava (anthemis arvensis), a madroa.

E o Faro de Budiño, vixiante.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *