Faia no IES de Foz, na Mariña luguesa.
O 14 de marzo Faia Educación Ambiental desenvolverá o obradoiro “As nosas árbores” en diversas aulas da ESO do IES de Foz, na Mariña luguesa.
Neste obradoiro, procuramos que se perciba a riqueza que se infire da diversidade do propio, dos nosos ecosistemas e, asemade, a problemática que pode carrexar a introdución de especies foráneas. Tratamos de velo desde unha perspectiva ambiental, social, cultural e económica.
A variedade dos nomes das plantas, das árbores ou dos froitos segundo as bisbarras, parroquias ou lugares, e a toponimia tamén serán momentos recorrentes do obradoiro. Agardamos que todas gostemos del.
Até máis ver!