Faia Educación Ambiental na Guarda.
“O mar das mulleres” é o lema da III Mostra das tradicións mariñeiras co que A Guarda salientará o labor e as achegas do traballo das mulleres no mar.
As exposicións, a música ou o documental que abre o programa son algunhas das actividades que ollaremos na mostra.
E, tamén, haberá lugar para obradoiros de cestaría, cerámica, cordoería ou nós, abertos á participación das persoas.
Neste espazo, Faia Educación Ambiental desenvolverá dous obradoiros de encadernación ecolóxica o sábado 30 e o domingo 31 de xullo, ás 18h.
Velaquí tedes a ligazón do programa.
A Mostra é unha opción a ter en conta, non é?