Faia coas cativas no Concello de Nigrán
En Nigrán, na Festa das nenas e nenos Faia desenvolverá un Obradoiro de reciclaxe para as cativas.
Nel, realizarán pequechas carteiras e bolsas para os levaren as súas casas. Téntase que perciban que poden realizar obxectos que duren no tempo.
Cartóns de leite, lapis e regras serán algúns dos recursos que utilizarán para dar cabo do traballo.
E os conceptos da reflexión, redución e reutilización pairarán polo obradoiro.
Será na rúa Castelao, diante do edificio novo do Concello de Nigrán, o sábado 8 de setembro, ás 18h.
Até outra!