Faia Educación Ambiental

Espazo para a expresión

Este apartado está reservado para aquelas manifestacións das persoas que teñan interese en se expresaren cuxo formato sexa a palabra, na forma de texto (máximo 10 liñas), poesía libre ou sentenzas breves, protexendo o seu anonimato se a persoa quixer, baixo os seguintes criterios:

As palabras non valorizarán “as desigualdades sociais fomentadas a partir da raza, da discapacidade, do sexo, da orientación sexual, das ideas, da idade,…” tal como aparece nos fundamentos de Faia Educación Ambiental e deberán ter ánimo construtivo.

Estarán baseadas nas relacións entre a sociedade humana e o planeta. Poderán tamén, referirse a calquera ser vivo, ou nunha visión global dos factores bióticos (seres vivos) e abióticos (partes non-vivas do ambiente. O clima, temperatura, solo, luz, auga, ar, humidade,….).

Os textos poden ser enviados a través do formulario de CONTACTO da páxina inicial de Faia, ou a través do correo electrónico info@faia.gl , indicando no asunto “Espazo de expresión” e poderán ser retirados cando así o decida a súa autora.