“Eiquí sempre foi bosque..” O Courel, outono de 2011.
“Metidiño na camiña
tapadiño hastr’as orellas
sinto zapicar as beiras
entr’o vento que axubría..”
“No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo”
“Cain as follas..
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca”
“Inda non estoun co’ela.
Aínda ún sigue n’el.
Estoun en Compostela
vendo nevar no Courel”.
Uxío Novoneyra
O cumio afiado, un núcleo empoleirado, a cheminea.
Eiquí somos unha máis.
O traballo courelán, o esquecemento, o desexo de pulo. A lentura da terra, o souto maxestoso.
A canteira incompatíbel, as repoboacións inefábeis, a devasa fragmentaria.
A cor amarela lánguida, a granate profunda; a amarela ovo, inunda. A gris, a verde, a parda.
O río bravo, a cova húmida, a devesa mesta. O sequeiro e a castaña, a alvariza e o oso meloso.
Andade engordiño, devagar…paseniño.
Voade. Estamos no Courel. “Eiquí sempre foi bosque”.
Velaquí o programa.
Fermoso o texto, fermosas as fotos, fermoso o Courel!
ola marcelo,son a mai de miriam e a verdade e que me encantou as fotos tan preciosas que tes na paxina,parabes da miña parte.si ves este comentario quero decirche que contes con lolo e conmigo para ir o courel.un saudo mªcarmen