Curso de iniciación cestaría “Vermello, negro, branco, amarelo. Cestas e cestos de vimbio. ” O Porriño (Chicoria Ultramarinos), 30 de setembro, 7 e 21 de outubro

OBXECTIVOS
-Aprendizaxe e coñecemento das técnicas básicas de tecido con material vexetal. Cada persoa elaborará o seu propio cesto.
-Coñecemento de materiais empregados no obradoiro. O uso do codeso, vimbio vermello e amarelo, vimbio negro, abelaira, sanguiño.
-Elaboración, por parte de cada persoa, dunha cesta para apañar cogomelos e castañas.

DESTINATARIAS
-Dirixido a todas as persoas que queiran iniciarse na cestaría.

PROGRAMA

Sábado, 30 de setembro, 16,30h-20h
Elaboración da base ou soporte da cesta ou cesto. Bases ovadas, redondas, cadradas.

Sábado, 7 de outubro, 16,30h-20h
Levantamento e remates diversos das cestas e cestos.

Sábado, 21 de outubro. 16,30h-20h
As variedades de asas. Elaboración e remate.

INSCRICIÓN E TARIFA, AO REMATE DESTAS FOTOGRAFÍAS

Indicacións
-A tarifa é 35€ por persoa. A tarifa inclúe os recursos materiais, a monitorización do curso e o seguro de responsabilidade civil. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-As persoas deberán traer unha tesoira de podar e un punzón. Cada persoa elaborará o seu propio cesto ou cesta (a elixir).
Punto de encontro. Ás 16,15h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición cubrindo os datos deste formulario e deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través dos teléfono 686998706 (Faia) 886131847 (Chicoria Ultramarinos), info@faia.gl ou ultramarinos@chicoria.gal A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental ou de Chicoria Ultramarinos.
Localización. “Chicoria Ultramarinos” (tenda de produtos sustentábeis).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará