“Curso de iniciación á cestaría de vimbio. A cesta de cogomelos e castañas” 16, 23, 30 de abril, O Porriño
A cestaría é unha ocupación que vén de vello.
Esmoreceu a elaboración das pezas de actividades económicas (agraria, pesqueira) mais a creación das pezas de uso doméstico mantense polo valor utilitario e decorativo (abanos, cestas, paneiras, froiteiros, xerras, cestos). A nova tendencia cesteira céntrase na inclusión de novos materiais e novas pezas que a visibilizan; así, os materiais sintéticos non conseguen relegala e segue vixente.
Ademais, a introdución na arte cesteira valoriza os seus ámbitos e recrea ás persoas. Non é patrimonio inmaterial de casualidade pois a súa función na sociedade foi necesaria, tremendamente útil e relevante.
Anímaste?
Máis información logo das fotografías
OBXECTIVOS
-Aprendizaxe e coñecemento das técnicas básicas de tecido.
-Coñecemento de materiais empregados na cestaría. O uso do salgueiro, vimbio e sanguiño.
-Elaboración, por parte de cada persoa, dunha cesta para apañar cogomelos e castañas.
-A xerga ou xiria na cestaría. A “fala bugardeira” de Mondariz.
DESTINATARIAS
-Dirixido a todas as persoas que queiran iniciarse na cestaría.
PROGRAMA
Sábado, 16 de abril. 16h-20h
Elaboración de bases ou soportes da cesta.
Sábado, 23 de abril. 16h-20h
Levantamento e remates diversos da cesta.
Sábado, 30 de abril. 16h-20h
As variedades de asas na cesta.
INSCRICIÓN E TARIFA, AO REMATE DESTAS FOTOGRAFÍAS
Indicacións
-Datas. Sábados, 16, 23, 30 de abril.
-Hora. Desde as 16h até as 20h.
-A tarifa é 30€ por persoa. A tarifa inclúe os recursos materiais, a monitorización do curso e o seguro de responsabilidade civil. O pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-As persoas deberán traer unha tesoira de podar e un punzón.
-Localización. Local no Porriño.
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición cubrindo os datos deste formulario e deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706. A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental.