“Curso de iniciación á cestaría. Cestos e cestas de vimbio e médula” 28 de novembro, 5, 12, 19 de decembro. O Porriño
A olaría coas tarteiras, xerras, olas. A ambulancia das persoas afiadoras e o seu “barallete; as zarralleiras, que amañaban pezas gastadas polo uso. A cantaría, a ferraría, a tellaría.
Aproximámonos a un oficio que vén de vello, o oficio cesteiro.
Achegada á terra –o vimbio, o castiñeiro, o sanguiño,o bidueiro, o carballo, a palla centea– e incisivamente útil e necesaria até hai pouco, a cestaría hoxe perde ese nivel de necesidade, mais valorízase nela a creatividade e a capacidade de fabricarmos pezas con autonomía.
A tipoloxía de cestos é enorme segundo os materiais, bisbarras e técnicas de tecido. Unha lingua propia; a fala “bugardeira” da cestaría, tal coma a “arxina” na cantaría ou o “barallete” no mundo afiador, trasladaba os coñecementos deste antigo oficio, fixo ou estacional,…se vila….se rural.
Aínda relegada polos materiais sintéticos, a exportación-importación esaxerada de produtos que xera a globalización, a elaboración dunha peza gratifica e recompensa a quen a crea, e valoriza o noso patrimonio.
Aí vén o Nadal e este ano aprendemos e espallamos unhas pingas do noso patrimonio inmaterial. Anímaste?
OBXECTIVOS
-Elaboración de 2 cestas (paneira e queixeira) con médula e 1 cesto (colleita de cogomelos ou castañas) de vimbio
-Coñecemento e aprendizaxe das técnicas básicas de tecido destes recursos
-Materiais empregados na cestaría. A súa orixe, ecosistemas, cultivo
-Historia xeral da cestaría ligada ás actividades económicas
-A xerga ou xiria na cestaría
DESTINATARIAS
-Dirixido ás persoas que queiran iniciarse no traballo cesteiro
Máis indicacións ao remate das fotografías.
Indicacións
–Datas. Sábados, 28 de novembro, 5, 12 e 19 de decembro .
–Hora. Desde as 16h até as 19,30h.
-A tarifa é 38€ por persoa. A tarifa inclúe os cestos e as cestas elaboradas polas persoas, os materiais, a monitorización do curso e o seguro de responsabilidade civil. Precísase reserva de 10€. O resto do pagamento farase ao comezo do obradoiro.
-As persoas deberán traer unha tesoira de podar e un punzón
–Localización. Local no Porriño.
–Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición cubrindo os datos deste formulario e deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706. A inscrición require a confirmación de Faia Educación Ambiental.