Curso de conservas vexetais “O Chucrut e as verduras fermentadas. O Chutnei nas conservas agridoces caseiras” 11 de novembro, O Porriño
O Proxecto Rural, A Hortinha da Ponte, levará a cabo este curso. Nel, prestarase atención a métodos de conservación agradábeis ao noso padal, e eficaces, que eviten a degradación por envellecemento.
Será recorrente falar do botulismo, as técnicas de baleiro, as fermentacións.
Indicacións
–Monitorización. Proxecto rural A hortiña da Ponte
–Tarifa. 16€ por persoa e obradoiro. Non é obriga anotarse a todo o curso. Cadaquén pode elixir o obradoiro que quixer. Daremos cumprida información sobre a temática dos seguintes obradoiros mensualmente. O pagamento farase no comezo de cada obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, os recursos alimentarios biolóxicos, a degustación, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil.
–Localización. Baixo no Porriño.
–Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706 ou do correo-e info@faia.gl A inscrición require confirmación por parte de Faia.