Curso de conservas vexetais “O Chucrut e as verduras fermentadas. O Chutnei nas conservas agridoces caseiras” 11 de novembro, O Porriño

O Proxecto Rural, A Hortinha da Ponte, levará a cabo este curso. Nel, prestarase atención a métodos de conservación agradábeis ao noso padal, e eficaces, que eviten a degradación por envellecemento.

Será recorrente falar do botulismo, as técnicas de baleiro, as fermentacións.

PROGRAMA
16h-19h.
“O CHUTNEI. AS CONSERVAS AGRIDOCES CASEIRAS”
“ELABORACIÓN DE CHUCRUT. OS ALIMENTOS FERMENTADOS”
“DEGUSTACIÓN”
Máis indicacións, (tarifas, lugar e recursos) logo das fotografías.

2

3

1

12

Indicacións

Monitorización. Proxecto rural A hortiña da Ponte
Tarifa. 16€. O pagamento farase no comezo de cada obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, os recursos alimentarios biolóxicos, a degustación, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil.
Localización. Baixo no Porriño.
Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706 ou do correo-e info@faia.gl A inscrición require confirmación por parte de Faia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará