Curso de Conservas Vexetais IV. “Xelea de laranxa con xarope de ágave”, “Mollo de aliño de coandro e cenoura”, “Leites vexetais. O leite de avea” 4 de marzo, O Porriño

4º obradoiro do Curso de conservas vexetais, desenvolvido por Aurora, do proxecto rural, A Hortinha da Ponte. Nesta ocasión, as elaboracións de leites vexetais (avea), as xeleas e o licor de limoncello ocuparán o noso tempo.

Leites vexetais. A avea.
Constitúen alternativas aos produtos lácteos. Arroz, abelás, améndoas ou a avea son ingredientes que fan parte dos diversos preparados.

Xelea
Conserva xelatinosa elaborada, xeralmente, a partir do xugo das frutas ou verduras.

Mollos de aliño
Mestura de verduras, hortalizas e herbas que garda certo parecido cos chutneis, con certo sabor picante, resultan bos acompañamentos de moitos pratos.

Anímaste?
Máis información ao remate das fotografías

1

4

2

10

Indicacións

-Tarifa. 14€ por persoa e obradoiro . O pagamento farase no comezo de cada obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, os recursos alimentarios, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil. Non é obriga anotarse a todo o curso. Cadaquén pode elixir o obradoiro que quixer. O 5º obradoiro realizarase en abril (informaremos dos seus contidos).
-Localización. Baixo no Porriño.
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *