Curso de Conservas Vexetais III “O Pesto de rúcula e queixo e o Pesto de coandro”, “O Refresco de menta”, “As Conservas en aceite” O Porriño, 4 de febreiro
3º obradoiro do Curso de conservas vexetais, desenvolvido por Aurora, do proxecto rural, A Hortinha da Ponte. Nesta ocasión, é a quenda do Pesto de rúcula e queixo e Pesto de coandro, do Refresco de menta e das Conservas en aceite
Pesto de rúcula e queixo e Pesto de coandro
Mollo que provén da Liguria (Italia) e cuxo nome procede do verbo pestare (machucar nun morteiro). De cor verde, é un preparado delicioso que acompaña a peixes, pasta e verduras.
Refresco de menta
Sabemos das propiedades carminativas, dixestivas, respiratorias, e mesmo culinarias dalgunhas especies do Xénero Mentha. No obradoiro engadimos un refresco de sabor mentolado. Serán o hortelán ou a piperita, con sabores pronunciados, quen poden intervir neste preparado.
As conservas en aceite
Orixinariamente, a conservación en aceite de oliva comeza nos ambientes mediterráneos. Tomates, espárragos, cogomelos, cabaciñas, pementos, allos, olivas, alcachofas ou fiúnchos fan parte da extensa enumeración de alimentos que participan deste apetitoso proceso de conservación.
Tedes máis información sobre horarios e tarifa, ao remate das fotografías.
Indicacións
-Tarifa. 14€ por persoa e obradoiro (o 4 de febreiro realízase o 3º obradoiro). O pagamento farase no comezo de cada obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, os recursos alimentarios, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil. Non é obriga anotarse a todo o curso. Cadaquén pode elixir o obradoiro que quixer. O 4º obradoiro realizarase en marzo (en febreiro, informaremos dos seus contidos).
-Hora de comezo e remate. 16h-19h
-Localización. Baixo no Porriño.
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.