Curso de conservas vexetais I “As conservas agridoces caseiras. O Chutnei e o ketchup.”, O Porriño, 23 de setembro

O Proxecto Rural, A Hortinha da Ponte, levará a cabo este curso. Nel, prestarase atención a métodos de conservación agradábeis ao noso padal, e eficaces, que eviten a degradación por envellecemento.

Será recorrente falar do botulismo, as técnicas de baleiro, as fermentacións.

Comezamos coas conservas agridoces caseiras. Chutneis e ketchup. Froitas, especias aromáticas, verduras cocidas en vinagre,..; picantes ou suaves ao padal,..

PROGRAMA
16h-19h. “O CHUTNEI E O KETCHUP. AS CONSERVAS AGRIDOCES CASEIRAS”
*Elaboración de conservas doces con vinagre de tomate*
*Elaboracion de conservas doces, con hortalizas, froitas e vinagre*
*Degustación*
 Máis indicacións, logo das fotografías.

2

1

3

1

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4

Indicacións

Monitorización. Proxecto rural A hortiña da Ponte
Tarifa. 15€ por persoa e obradoiro. Non é obriga anotarse a todo o curso. Cadaquén pode elixir o obradoiro que quixer. Daremos cumprida información sobre a temática dos seguintes obradoiros mensualmente. O pagamento farase no comezo de cada obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, os recursos alimentarios, a degustación, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil.
Localización. Baixo no Porriño.
Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706 ou do correo-e info@faia.gl A inscrición require confirmación por parte de Faia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *