“No Nadal…un conto” Vigo, 17 de decembro a 4 de xaneiro. “Xoaniña e o Apalpador”, O Porriño, 29 de decembro
“No Nadal…un conto” é un programa dirixido e xestionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo que inclúe diversas actividades nas que, coma acontece habitualmente, o pracer de gozar e de aprender van da man. Dirixido ao público infantil acompañado das unidades de convivencia.
Faia participa desta interesante programación xunto doutras empresas e compañías, co conto “A Xoaniña e o Apalpador”. Tedes cumprida información na web do Concello de Vigo-Servizo de Normalización Lingüística.
E tamén, no Porriño, na tenda de produtos sustentábeis Chicoria Ultramarinos, realizaremos unha quenda da “Xoaniña e o Apalpador”, ás 18h, o 29 de decembro.
Velaquí os programas
Até xa!