Curso de Conservas Vexetais. “Chucrut de verduras fermentadas–Xelea de mazá, sidra e xarxa– Licor de limoncello” O Porriño, 14 de xaneiro”

2º obradoiro do Curso de conservas vexetais, desenvolvido por Aurora, do proxecto rural, A Hortinha da Ponte. Nesta ocasión, as elaboracións de chucrut, as xeleas e o licor de limoncello ocuparán o noso tempo.

Chucrut
Alimento fermentado baseado nos vexetais. O seu proceso de fermentación, moi interesante, convérteno nun complemento alimentar beneficioso para o organismo.

Xelea
Conserva xelatinosa elaborada, xeralmente, a partir do xugo das frutas ou verduras.

Licor de limoncello
Doce e fresco, de orixe italiana, elabórase a partir da maceración de limóns.

Tedes máis información sobre horarios e tarifa, ao remate das fotografías.

1

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4

8

1

 

 

 

 

1

3

12

10

2

Indicacións

-Tarifa. 14€ por persoa e obradoiro (o 14 de xaneiro realízase o 2º obradoiro). O pagamento farase no comezo de cada obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, os recursos alimentarios, o dosier do obradoiro, e o seguro de responsabilidade civil. Non é obriga anotarse a todo o curso. Cadaquén pode elixir o obradoiro que quixer. O 3º obradoiro realizarase en febreiro (en xaneiro, informaremos dos seus contidos).
-Localización. Baixo no Porriño.
-Punto de encontro. Ás 15,45h na Praza do Concello.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario; deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela a través do teléfono 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *